Thursday 16 de May de 2024

Comeza na Pobra unha nova edición do curso de enxerto das árbores froiteiras


A Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal promove un ano máis o itinerario formativo en materia medioambiental composto polos cursos de poda e de enxerto das árbores froiteiras. Se no 13 de xaneiro arrancou coa acción da poda, no 3 de febreiro iniciouse a do enxerto a cargo da labrega e formadora Carme Freire.

Estas clases seguen a metodoloxía teórico-práctica, polo cal os coñecementos adquiridos nestas primeiras sesións se seguirán levando ao terreo nos vindeiros meses, para experimentar en varios tipos de árbores en diferentes estacións e así, nas palabras do concelleiro do Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro, “contribuír á capacitación da veciñanza anotada para o coidado da súa horta e o correcto desenvolvemento das súas froiteiras.”